Luis Insua asume o reto de liderar o PP de Fisterra

1 minutes read

Nun acto no que estivo arroupado polo presidente dos populares na provincial da Coruña, Diego Calvo, e polo secretario xeral, Evaristo Ben, Insúa asegurou que ten o “privilexio” de encabezar un equipo que ten como obxectivo “dar solución aos problemas dos veciños, impulsar vellas reivindicacións como a casa da cultura, solventar as dificultades que existen para estacionar no municipio durante a época estival, e tamén para ilusionar á xente con novos proxectos de futuro para mellorar a súa vida”.

“Afronto o reto ca maior das ilusións, humildade e responsabilidade para devolver a Fisterra ao lugar que lle corresponde. Non podemos nin debemos conformarnos co que hai, o conformismo non é unha opción, estou aquí ca firme convicción de que as cousas poden facerse doutro xeito”. Con esta declaración de intencións presentouse este xoves Luís Insua como novo candidato do Partido Popular á alcaldía de Fisterra nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo 28 de maio.

Pola súa banda, Diego Calvo aproveitou a súa intervención para incidir na importancia de unir o voto ao redor da papeleta do Partido Popular. “Todo o que non sexa votar a Luís Insua o próximo 28 de maio é favorecer a que Fisterra conte cun Goberno Local de perdedores que non será capaz de xestionar o municipio. Que non vos enganen, aquí para que gañe o PP hai que votar ao PP”, asegurou.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?