Luís Planas solicita á UE a suspensión e revisión da prohibición de pescar en augas profundas

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, instou á Comisión Europea (CE) a suspender a aplicación do regulamento de execución sobre as áreas mariñas protexidas, que prohibe a pesca en 87 zonas en augas profundas na plataforma continental, e que proceda a revisalo de forma inmediata sobre a base dos novos datos científicos que xa están dispoñibles. Afirmou que, no caso de que a Comisión non acceda á petición formulada por España e apoiada na sesión pública por varios Estados membros como Francia, Irlanda, Portugal, Dinamarca, Grecia e Países Baixos, «tomaremos as medidas que consideremos oportunas», sen descartar a presentación dun recurso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, xa que existe base para presentalo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha