Luis Rubiales, presidente da RFEF, estivo en Santa Comba


O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales estivo este venres na inauguración da remodelación do campo de fútbol de A Fontenla, en Santa Comba. estivo acompañado tamén de David Barbeira, alcalde xalleiro, quen lle fixo entrega dun detalle a José Francisco Molina, Director Deportivo da Federación Española e dun Libro da Historia de Santa Comba ao presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. Durante o acto de inauguración os presidentes de Xallas FC e da SD Castriz fixeron entrega a Luís Rubiales de sendas camisetas dos clubes xalleiros. O presidente da RFEF obsequiou tanto ao alcalde local como a Beatriz Velo e a José Luís Carreira, presidentes do Xallas FC e da SD Castriz cunha camiseta da selección española de fútbol.