Luis Villares e os seus deputados afíns pasarán ao grupo mixto

nhdiario.

Luis Villares di que a elección do senador foi o detonante da ruptura, a gota que rebordou o vaso. Fala de desobediencia, incumprimento de acordos e sobre todo de supeditacion e seguidismo aos ditados de Podemos por parte da maioría dos deputados de En Marea.

O Consello das Mareas tomou unha decisión que, aseguran, deberían adoptar antes. Din que o grupo parlamentario de En Marea respondía hai tempo aos ditados de dúas formacións políticas diferentes.

Luís Villares, voceiro de En Marea: «Estes catro deputados e deputadas abandonamos un grupo parlamentario que xa non representa a En Marea senón a Podemos e aqueles que decidiron seguir o seu ditado».

Nun ton case de alivio, Luís Villares dixo que para facer política non é necesario vivir na estridencia e no enfado e anunciou o lanzamento dunha nova formación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha