Acusáronse mutuamente de fomentar a crispación e a división durante a pandemia, e mentres Pedro Sánchez subliñou o «gran fracaso» da dereita «e a ultradereita» tratando de facer caer o Executivo, Pablo Casado culpoulle de ser el quen estende este «veleno» xunto aos seus «socios». Sánchez reprochoulle que o PP creara unha «fronte común» coa ultradereita e tentaran «utilizar o virus para derrocar o Goberno de España». Un intento que, subliñou Sánchez, foi «un gran fracaso». Casado, reprochoulle a Sánchez que España teña «a peor cifra de mortos por habitantes do mundo».
Lume cruzado entre Sánchez e Casado
dpm.