Lume forestal en Baio – Zas

Foto: Paco Sánchez

Un incendio forestal sorprendeu este martes pola tarde aos veciños da Cacharoza, en Baio – Zas.

O lume orixinouse nunha zona próxima ás casas. A nube de fume cubría a última hora do día todo o núcleo baiés.

Ata o lugar desprazáronse ademais dos efectivos de emerxencia, multitude de curiosos.

Cabe lembrar que a Xunta de Galicia ten prohibido desde este luns realizar ningún tipo de queima controlada, nin con permiso, nin se él, debido ao alto risco de incendio polas elevadas temperaturas destes días e o forte vento do nordés.