‘Lumes Nunca Máis’ | Critican a xestión forestal da Xunta de Galicia


Varias cidades galegas acolleron na tarde deste xoves concentracións en sinal de protesta pola terrible vaga de incendios que sofre Galicia. A plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ convocou concentracións por mor dos incendios que están a arrasar Galicia. As concentracións promoven a defensa dos espazos naturais baixo o lema ‘Lumes Nunca Máis’. Na Coruña tivo lugar no Obelisco; en Santiago, diante da sede da Xunta. En Ourense na praza Maior e en Lugo, a outra provincia máis afectada polos incendios desta semana, a concentración foi diante da delegación da Xunta.