Tras o abarrote do sábado, o domingo foi máis levadío en Malpica, con menos atasco de tráfico e xente. Así mesmo, miles de persoas déronse cita para gozar da procesión marítima durante a tarde, logo a medianoite os lumes foron algo atropelados en sincronización, e de aí, á verbena peche cun grupo Claxon moi logrado e disco móbil de colofón.