0
Luz Casal estaba na casa dun familiar en Málaga cando se decretou o estado de alarma. Dende alí, sen a súa banda, sen poder dar concertos pola Rede, pensou noutra maneira de axudar a xente. E atopouno. A artista galega chama por teléfono para charlar e animar a todos aqueles que o precisen e que llo pidan. E seguirá facéndoo mentres dure o confinamento. Só temos que enviarlle o noso número polas redes sociais. Grande Luz.