Luz Gabás gaña o Premio Planeta

1 minutes read

A novelista aragonesa Luz Gabás leva o Premio Planeta e o valor dun millón de euros, é a gañadora da edición número 71 do galardón coa súa novela Lejos de Luisiana, mentres que Cristina Campos é a finalista con Historias de mujeres casadas, segundo anunciou a editorial tras a tradicional cea literaria celebrada no Museu Nacional d’Art de Catalunya de Barcelona. Gabás, de 54 anos, xa abordou o pasado colonial español con Palmeras en la nieve (nese caso en Guinea Ecuatorial) sitúa esta vez a súa trama -que a editorial avanza como “unha gran historia de amor entre un indio e unha súbdita francesa»-, na Luisiana de finais do século XVIII, cando a entón colonia francesa pasou a mans españolas. O xurado do premio, que este ano contaba con nove en lugar de dez finalistas tras ser descualificada unha novela por ser previamente publicada, estivo integrado por José Manuel Blecua, Fernando Delgado, Juan Eslava Galán, Pere Gimferrer, Carmen Posadas, Rosa Regàs e Belén López.