- Este proxecto é posible grazas a un convenio entre a Xunta e a Administración local, que deberá aportar 150.000 euros
O Concello de Cabana de Bergantiños ampliará o edificio municipal destinado ao centro de día a través dun proxecto que conta cun orzamento total de 304.000 euros, e que é posible grazas a un convenio asinado coa Xunta de Galicia en dúas anualidades. A Administración local destinará arredor de 150.000 euros á esta actuación tras aprobarse a modificación orzamentaria no pasado pleno.
O edificio, que contará cunha superficie construída de 803 metros cadrados, albergará tamén o salón social e a biblioteca; todo repartido en tres plantas. Ademais, disporá dun horto urbano.
O alcalde de Cabana, José Muíño, sinalou que este proxecto «resulta moi importante para incrementar o benestar das persoas usuarias, así como continuar a nosa liña de traballo que ten como base os servizos sociais”.