Luz verde á derriba do viaduto da Ronda de Nelle

A xunta do goberno local da Coruña reunirase esta semana de forma extraordinaria para iniciar o expediente de licitación, así como a redacción da acta de replanteo.

O alcalde Xulio Ferreiro e o edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, xa lles presentaron o proxecto ós veciños, que levan demandando a derriba da ponte dende hai anos. De feito, xa creara polémica cando se construíra, en 1978.

O custo completo da obra será de 1,2 millóns de euros e constará da retirada do viaduto, o mantemento dos catro carrís de circulación e a instalación dun carril bici na subida. O período estimado da execución da obra é de 12 meses.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha