Luz verde á elaboración dun plan para reforzar a eficiencia das instalacións hidráulicas de Galicia

1 minutes read

O consello da Xunta aprobou á elaboración dun plan para reforzar a eficiencia das instalacións hidráulicas de Galicia e garantir a subministración de auga. O plan tamén estudará de forma planificada a construción de novas infraestruturas hidráulicas, incluídos encoros ou presas, onde resulte necesario para garantir o abastecemento futuro.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou que entre as medidas previstas figura o reforzo das redes e infraestruturas hidráulicas onde sexa necesario e o estudo de novas fontes de subministración. En concreto, a Xunta analizará a posibilidade de utilizar augas subterráneas para o consumo durante períodos de seca, cando as condicións o permitan, e continuará avanzando nos sistemas de reutilización de auga, especialmente para atender demandas industriais ou agrogandeiras.