Con esta lei, a Xunta culmina a ordenación urbanística de Galicia, segundo Alberto Núñez Feijóo, tras aprobar normas como a lei do solo ou o plan de ordenación do litoral. O presidente di que os seus obxectivos son conseguir un desenvolvemenrto ordenado do país, garantir a accesibilidade de toda a poboación a infraestruturas e servizos, mellorar a relación do medio urbano e rural e favorecer un crecemento económico sustentable.
O texto inclúe 4 figuras de ordenación: as directrices xerais, os plans integrados e especiais, os plans sectoriais que regulan a implantación das actividades económicas e os proxectos de interese autonómico, como son a construción dun hospital.