Luz verde á rehabilitación integral da depuradora de Quintáns, en Muxía

O equipo de goberno do Concello de Muxía deu, en sesión plenaria extraordinaria, luz verde cos seus únicos tres votos a favor a levar a cabo o proxecto da rehabilitación integral e posta a punto da depuradora de Quintáns. O resto da corporación municipal abstívose nas súas votacións.

Dita intervención contempla a substitución total das instalacións e conta cun orzamento de máis de 141.000 euros a cargo do POS adicional 2022. 

Tras o pleno e aprobar este gran proxecto o alcalde Iago Toba quixo destacar “o compromiso que ten este equipo por levar a cabo e facer realidade demandas históricas da veciñanza. Escoitamos a diario o que nos piden os nosos veciños e veciñas e consideramos que este proxecto é importante e necesario que se leve a cabo no menor tempo posible. Por iso, agora este goberno volveu a votar a favor do progreso e do avance da calidade de vida dos habitantes de Muxía”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha