Luz verde á segunda fase das obras de ampliación da estrada Negreira-Pontenafonso

As obras, que veñen de ser aprobadas na comisión de Vías e Obras celebrada na Deputación da Coruña, serán referendadas definitivamente polo pleno provincial o venres 28 de novembro, contan cun orzamento de 1.266.128,78 euros, ao que hai que sumar os 174.697,96 euros das expropiacións necesarias para levar a cabo os traballos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que se trata dun dos investimentos máis importantes programados este ano pola área de Vías de Obras da institución provincial, co que cumpre o compromiso do Goberno provincial de dar continuidade ao ensanche e mellora do trazado realizado no seu día nos primeiros seis quilómetros da estrada e que supuxeron unha notable mellora da seguridade.

Nesta segunda fase, as obras contemplan a ampliación da plataforma da estrada nun tramo de 2,5 quilómetros que vai dende o PK 6,1 ao 8,6, preto da ponte Barbazán, dotando a vía dunha calzada de 7 metros de ancho e beiravías de 0,5 metros naqueles puntos nos que a liña de planeamento o permita. Levaranse a cabo tamén traballos de corrección de trazado nas curvas máis perigosas, acondicionamento de drenaxe lonxitudinal e transversal da vía e sinalización.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha