Luz verde as primeiras obras de restauración do Pasatempo de Betanzos

1 minutes read

Tras meses de trámites para contar coas autorizacións necesarias por parte da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta para a execución das obras nun espazo declarado BIC a Deputación da Coruña aprobará o vindeiro 25 de setembro en pleno o convenio de colaboración co Concello de Betanzos para financiar os primeiros traballos, que permitirán recuperar os case 700 metros cadrados da zona do estanque do Retiro, seriamente danada tras un derrubamento hai dous anos. Así o anunciaron no propio Pasatempo o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, durante unha visita oficial do presidente á localidade na que tamén estiveron presentes o vicepresidente, Xosé Regueira, e o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, o arquitecto redactor do proxecto, Xan Casabella, e os portavoces dos distintos grupos políticos representados na corporación brigantina, así como representantes da asociación Amigos do Pasatempo.