Luz verde contra o cancro

Moitos monumentos relevantes permaneceron iluminados con esta cor para apoiar a campaña «Yo soy y voy a…» co obxectivo de insistir na capacidade que teñen as persoas de actuar fronte ao cancro. Algúns dos monumentos máis relevantes do país ficaron iluminados de cor verde. É o xeito de apoiar o Día Mundial contra o cancro de maneira institucional e buscando coma cada ano, concienciar da importancia da investigación neste eido sanitario. O Pazo de Raxoi en Santiago, o Teatro Colón e a Deputación da Coruña son algúns dos que se sumaron a esta iniciativa para axudar a concienciar á sociedade sobre esta enfermidade, así como visibilizar o seu apoio ás persoas afectadas e ás entidades que traballan cada día para mellorar o diagnóstico, tratamento e coidados dos afectados, e a investigación científica neste campo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha