Luz verde para licitar a obra do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña

A construción do enlace a Punta Lagosteira financiarase ao cen por cento a cargo dos fondos Next Generation a través do Ministerio de Transportes. O proxecto comprende tres obras: o ramal norte, o ramal sur e a rede interior da dársena. O que se aprobou foi o do ramal norte, que conectará o porto coa rede xeral, en sentido A Coruña – Lugo, cun orzamento de 135,4 millóns de euros. Ten unha lonxitude de 6,7 quilómetros, dos que 5,3 discorren en túnel, o que minimiza o impacto ambiental. A rede interior do porto será licitada nos próximos meses, cando comezarán tamén os trámites correspondentes ao ramal sur. Con estas dúas obras, alcanzarase a cifra global de 171 millóns de euros que se asignaron dos fondos Next Generation.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha