Macron cambia oito ministros do seu goberno

1 minutes read

O presidente francés, Emmanuel Macron, remodelou este xoves o seu Goberno con oito novos membros e, sobre todo, perfís máis políticos en Educación e Sanidade.

O seu obxectivo é  tentar darlle un novo pulo ao executivo despois da crise das pensións e da dos disturbios.

Os principais cambios son o do titular de Educación, o historiador de orixe senegalesa Pap Ndiaye, ao que substituirá o ata o de agora ministro de Facenda, Gabriel Attal -un próximo de Macron de só 34 anos-, e o do ministro de Sanidade, François Braun, substituído por Aurélien Rousseau, que era director de gabinete de Borne. 

Mantéñense os titulares dos departamentos máis políticos e a primeira ministra, Élisabeth Borne.