Emmanuel Macron viaxou este luns a Moscova, mentres cazas rusos e bielorrusos voaban en formación de combate na fronteira de Bielorrusia mostrando que o ambiente segue sendo explosivo. O presidente ruso, Vladímir Putin, e o francés, Macron, estiveron reunidos no Kremlin durante máis de cinco horas, separados por unha enorme mesa branca durante as súas discusións, levantada como un muro entre ambos. Macron asegurou que Putin mostrouse aberto á súa proposta de «construír garantías concretas de seguridade» para todos os Estados implicados na crise ucraína.