Nova operación contra o narcotráfico levada a cabo pola Garda Civil na comarca do Salnés, que deixa varios detidos e varios rexistros. O primeiro foi nunha vivenda desta céntrica rúa Ourense de Cambados, onde os axentes detiveron un individuo no terceiro andar. Polo momento, non transcendeu a súa identidade, e xa foi trasladado á comisaría de Vilagarcía. Xustamente nesoutra localidade, tivo lugar outro rexistro nun garaxe da rúa Edelmiro Trillo.