Macrorredada mundial contra o crime organizado

Policías de dezasete países detiveron a máis de 800 delincuentes relacionados co crime organizado debido a que durante anos puideron infiltrarse nunha plataforma encriptada que era considerada segura polos grupos criminais. A plataforma á que accedían chamábase ANOM segundo sinalaron as autoridades. Máis de 300 organizacións criminais de todo o mundo víronse afectadas por esta xigantesca operación.

A aplicación de mensaxería encriptada desenvolvida polo FBI, permitiu ás forzas da orde controlar millóns de mensaxes sobre o contrabando de drogas, o branqueo de diñeiro e mesmo os asasinatos que se planeaban. Na operación Escudo de Troia (tradución do nome en inglés: Trojan Shield) ademais do FBI, participaron policías de dezaseis países e a axencia policial da Unión Europea, Europol.

Jean- Philipe Lecouffe, director executivo adxunto de Europol, sinalou en rolda de prensa este martes que se rexistraron máis de 700 lugares en todo o mundo e habíanse incautado máis de oito toneladas de cocaína. Tamén conseguiron evitar máis de 100 ameazas de morte grazas ao operativo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha