Varios miles de persoas manifestáronse este domingo ante a sede nacional do Partido Popular para reclamar a dimisión do presidente do partido, Pablo Casado, e do secretario xeral, Teodoro García Egea, no medio da crise aberta polo enfrontamento coa presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Varios asistentes á concentración sinalaron que todo é «unha montaxe para botar a Isabel». Con bandeiras de España e berros de «Casado dimisión», «Pablo, fracasado», » Ayuso presidenta» e «Liberdade, liberdade», os manifestantes mostraron o seu apoio a líder madrileña e reclamaron que o partido convoque xa un congreso extraordinario para renovar a dirección. A concentración durou pouco máis dunha hora e media e non se rexistraron incidentes.
32
