Á persoa detida este sábado como presuntamente implicada nos feitos, xa lle constan detencións con anterioridade en multiples ocasións, incluso a última, este mesmo martes día 20 pola Policía Local de Carballo, cando circulaba cun coche Ford Escort pola avenida de Razo e que figuraba como sustraido. O presunto delincuente multireincidente foi localizado na céntrica rúa carballesa Alvarez de Sotomayor na madrugada deste sábado tras a alarma xerada ao detectarse danos en varios coches. Corresponde ás iniciais de E.A.V. residente na localidade e natural de Barcelona, este sábado pasou a disposición xudicial, decretándose o seu ingreso en prisión sin fianza.
Madrugada movida en Carballo con polo menos 10 vehículos con danos e un detido
Garda Civil