O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, dixo este martes que planearan asasinalo o domingo pasado, cando o país celebrou eleccións lexislativas, e acusou o mandatario colombiano, Iván Duque, de estar detrás deste suposto plan. “Por fonte de intelixencia colombiana, de moi boa confiabilidade, (decatámonos) de que estaban a preparar un atentado para asasinarme o día das eleccións”, dixo o mandatario nunha conferecia de prensa, en Caracas. Asegurou que estas informacións, que as autoridades do seu Goberno confirmaron, apuntan que o plan se teceu desde a sede do Executivo colombiano. Maduro denunciou máis de 40 plans magnicidas desde que asumiu o poder en 2013 e en case todos sinala como presuntos responsables a gobernantes e dirixentes políticos dos Estados Unidos e Colombia.
20