Maduro afirma que planearon asasinalo o día das eleccións

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, dixo este martes que planearan asasinalo o domingo pasado, cando o país celebrou eleccións lexislativas, e acusou o mandatario colombiano, Iván Duque, de estar detrás deste suposto plan. «Por fonte de intelixencia colombiana, de moi boa confiabilidade, (decatámonos) de que estaban a preparar un atentado para asasinarme o día das eleccións», dixo o mandatario nunha conferecia de prensa, en Caracas. Asegurou que estas informacións, que as autoridades do seu Goberno confirmaron, apuntan que o plan se teceu desde a sede do Executivo colombiano. Maduro denunciou máis de 40 plans magnicidas desde que asumiu o poder en 2013 e en case todos sinala como presuntos responsables a gobernantes e dirixentes políticos dos Estados Unidos e Colombia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha