Maduro esixe a COVAX que mande as vacinas ou devolva o diñeiro

1 minutes read

O presidente de Venezuela dá un ultimato a Covax para que lles envíe as vacinas. Nicolás Maduro denunciou que o país fixo todos os pagos, facendo «maxia» con Estados Unidos para desbloquear recursos que lles tiñan bloqueados. A demanda de Maduro prodúcese case un mes despois de que o mandatario reclamase ao presidente de Estados Unidos, Joe Biden que ordenase liberar fondos que estaban bloqueados polas sancións impostas por Washington. Unhas cantidades que no seu momento impediron a Venezuela realizar o pago na súa totalidade.

O presidente de Venezuela asegurou que o Goberno completou os 120 millóns de dólares que require da OMS para que os países en desenvolvemento teñan acceso ás vacinas. Nicolás Maduro advertiu: «Ou nos mandan as vacinas ou nos devolven o diñeiro, punto, e nós se nos devolven o diñeiro saberemos onde ir comprar porque xa conversamos con institucións mundiais, multilaterais para facer iso.»

Venezuela, con 30 millóns de habitantes, acumula máis de 276.000 casos de covid-19 e preto de 3.200 falecidos, segundo cifras oficiais cuestionadas por organizacións como Human Rights Watch, que considera que houbo moitos máis casos e falecidos.