Magín Blanco actuará este venres no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco

Este venres 16 de outubro ás 17:00 horas Magín Blanco presenta a súa proposta-espectáculo «O que levamos nas maletas». Trátase dun contacontos musicado que axudará ao nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo. 

Esta actuación é froito da participación da Biblioteca en «Ler Conta Moito», programa de dinamización da lectura que ofrecen ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo, actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha