Magosto e Mostra de Artesanía este sábado en Laxe


Este sábado, 5 de novembro, o Concello de Laxe celebrará o XI Magosto e Mostra de Artesanía no polideportivo municipal, en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 horas.

A programación, deseñada para todos os públicos, contempla varias actividades como inchables, obradoiros, flocos de millo, música, animación con bonecos, etc.

Ademais, as persoas asistentes poderán gozar dunha gran exposición de produtos artesáns así como das actuacións musicais da Asociación de Amas de Casa de Laxe e o grupo de gaitas Maruxía.