Maica Gorgal visitou o IES Maximino Romero de Lema de Baio onde presentou a súa obra ‘A casa da mina’

Maica Gorgal naceu en Santa Comba en 1966, é licenciada en Filosofía e Ciencias da educación, na actualidade desempeña o seu labor como docente en Santiago de Compostela. No ámbito literario publicou varias obras tanto de narrativa como de poesía, e o seu talento foi recoñecido con numerosos galardóns. En 2021 recibiu o XXII Premio Risco de creación literaria pola publicación en galego da casa da mina, unha espléndida novela ambientada na Galicia mineira que agora ve a luz nunha edición revisada e actualizada da man de Edicións B.

Este luns, 2 de febrero, Maica Gorgal visitou o Club de lectura de adultos do IES Maximino Romero de Lema de Baio, para presentar a súa obra A casa da mina.
Trátase dunha espléndida novela ambientada na Galicia mineira da posguerra, en concreto na mina de Varilongo, ubicada na súa vila natal, en Santa Comba, unha mina á que foi traballar moita xente da comarca durante a ditadura franquista.
Estamos ante unha historia de amor, supervivencia, segredos, dureza, pobreza e guerra; unha lectura emocionante aconsellada ler, na que se combina realidade e ficción e que representa os sacrificios que esixe o amor en tempos difíciles.
O centro agradecía a Maica por achegarse ata Baio e compartir esta novela que segundo as palabras da autora fixo para “preservar a memoria dos seus avós”.

Related posts

O PSdeG reclama no Parlamento que a Xunta solucione os «graves problemas» do IES Fernando Blanco de Cee

O Concello da Laracha desminte as afirmacións do PSOE local sobre o estado da contorna do CEIP Otero Pedrayo

Ecoloxistas en Acción presenta denuncia penal polo vertido tóxico das balsas da mina de Monte Neme