Máis 50 nenos e nenas de 3 a 12 anos participaron no campamento de Samaín do Concello de Zas

1 minutes read

Dende o equipo de goberno local ofreciuse así unha alternativa gratuíta para todas as familias co fin de que puidesen conciliar a súa vida laboral e familiar durante estes dous días non lectivos (31 de outubro e 3 de novembro). Máis 50 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos matriculados nos centros de ensino de educación infantil e primaria do noso municipio participaron no campamento de Samaín organizado polo Concello de Zas que se celebrou o venres (31 de outubro) e este luns (3 de novembro). A rapazada realizou diferentes actividades adaptadas ás súas idades e guiadas por un equipo de monitores e monitoras. O Alcalde, Manuel Muíño, aproveitou para visitar á rapazada e recordou que o “Concello de Zas foi un dos poucos da zona que ofreceu unha alternativa  para as familias durante estes días non lectivos”.