Máis controis de tráfico para esta ponte de maio

Imaxe estradas_DXT

  • A DXT lembra que o reto é manter os baixos niveis de mobilidade na estrada

Do mesmo xeito que ocorreu en Semana Santa, os controis de tráfico no noso país serán máis intensos durante esta ponte de maio xa que, como sinalaron desde a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), o éxito destes días residirá en manter os baixos niveis de mobilidade na estrada.

Desde a DXT lembran que en España segue o vixente o estado de alarma e os únicos desprazamentos permitidos son os que están recollidos no artigo 7 do Real Decreto 463/2020.

Así, esta ponte de maio é outra situación excepcional na que os cidadáns non poden coller o coche para desprazarse a segundas residencias, nin para acudir a paraxes naturais a pasear, nin para realizar deporte en plena natureza.

SINISTRALIDADE VIARIA DURANTE A CORENTENA

A pesar de que os desprazamentos por estrada diminuíron de media un 70%, o número de accidentes mortais non se reduce na mesma proporción. Desde a entrada en vigor do estado de alarma o pasado 15 de marzo, 44 persoas faleceron en accidentes de tráfico, o que supón 87 persoas menos que no mesmo período do ano anterior (-66%).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha