Controis policiais en Vimianzo por varias denuncias nos café bar cantante

1 minutes read
  • O Consistorio informou á Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da situación ao tratarse dun problema de saúde pública/

O Concello de Vimianzo decidiu tomar medidas ante varias queixas e denuncias da veciñanza no relativo ao incumprimento das normas sanitarias en varios café bar cantante do municipio, en concreto nas parroquias de Vimianzo e Castrelo.

O equipo de goberno local reuniuse en varias ocasións nesta semana coa subdelegada do Goberno na provincia, Pilar López-Riobóo, e co coronel Francisco Javier Jambrina, xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, para analizar as actuacións necesarias. De feito a Garda Civil xa está realizando controis na zona e xa hai varias denuncias rexistradas. Tamén se suma á vixilancia continua a Policía Local.

“As queixas que nos traslada a veciñanza son moi preocupantes», indicou a alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez, quen tamén destacou que se lle enviou un escrito á Secretaría Territorial da Consellería de Sanidade para a toma das accións oportunas ao tratarse dun problema de saúde pública.