Máis da metade dos usuarios do servizo xurídico de Vieiro durante o 2019 é menor de idade

1 minutes read
  • A droga principal de consumo dos usuarios foi a heroína (33,3%) seguida pola cocaína co mesmo porcentaxe

A Asociación Vieiro publicou os datos relativos ao Servizo de Atención Xurídico-Social 2019, un programa que ten como obxectivo orientar e garantir unha defensa xusta a aquelas persoas que se atopan nunha problemática xurídica debido ás súas condutas adictivas.

A través do programa “A defensa xurídica dos/as toxicómanos/ as, menores e familias, paxs», a asociación xestionou, por distribución da Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial da Xunta, un total de 106.000 habitantes das comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas.

Durante o ano 2019, a Asociación Vieiro atendeu a un total de 50 persoas, 48 homes e 2 mulleres, de idades comprendidas entre os 17 e os 65 anos. A maioría dos usuarios (24) era do concello de Carballo e o 65,1% do total residía cos seus pais.

A droga principal de consumo dos usuarios foi a heroína (33,3%) seguida pola cocaína co mesmo porcentaxe. E en canto á idade de inicio do consumo dos estupefacientes en xeral, destaca que o 55,6% dos casos se situa entre os 15 e 18 anos de idade, seguida por un 33,4% de entre 19 e 29 anos.

En base ao programa, un 27% dos usuarios demandou persoalmente o servizo por propia iniciativa mentres que un 46% chegou derivado doutros servizos e institucións dedicadas ao tratamento de condutas adictivas da Xunta de Galicia.