Alta participación nos programas de compostaxe postos en marcha polo Concello de Carballo. Nestes momentos hai máis de mil familias e máis de cen establecementos adheridos, pero a campaña continúa con accións a pé de rúa como a instalación do posto informativo sobre a campaña “Ti tes a chave”, ao que podedes achegarvos todos os xoves e os domingos de feira na rúa Coruña.
A compostaxe realízase de dúas formas, na zona rural enfocada a compostaxe doméstica e na zona urbana a grandes produtores. Ademais de contribuír á redución das emisións de CO2 e á fabricación dun fertilizante natural e de calidade, axuda a reducir os custos do servizo municipal de recollida de lixo.
Infórmate de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, no local de Carballo Limpo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34) ou pasa os xoves e os domingos de feira polo stand da rúa Coruña. Recibirás un kit que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables personalizadas, un tríptico informativo e, por suposto, a túa chave.