Máis de 1.000 voluntarios de Protección Civil colaborarán na organización da xornada electoral do 12 de xullo, tal e como trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda na xuntanza que mantivo con representantes das asociacións provinciais de agrupacións de voluntarios de Protección Civil, aos que agradeceu tamén o traballo que levan facendo nestes meses na loita contra a pandemia do coronavirus. Os voluntarios poderán colaborar en evitar aglomeracións e vixiar que se respecte a distancia de seguridade, tal e como se recolle no protocolo de medidas de prevención sanitaria para a xornada electoral do 12 de xullo aprobado pola Xunta, que foi avaliado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e conta co visto bo do comité clínico. Así, organizarán a entrada dos votantes, dando prioridade aos maiores e ás persoas con algún tipo de discapacidade.
Declaracións do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.