Máis de 1.159 persoas están en prisión por delitos contra a seguridade viaria

O ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska presentando o informe sobre seguridade viaria_FOTO ©MIGUEL BERROCAL

  • Os delitos relacionados coa condución de vehículos de motor levan a prisión a un número cada vez máis elevado de condutores

O ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, presentou esta semana o primeiro informe integral sobre os delitos de seguridade viaria e a súa incidencia no ámbito penal, un documento que reflicte que nos cárceres dependentes da Administración Xeral do Estado hai 4.542 persoas privadas de liberdade con algún tipo de delito relacionado coa seguridade viaria, o representa o 9% da poboación penal. Deles, 1.159 tiñan como delito principal a seguridade viaria (un 2,3% das persoas en prisión).

“O estudo devélanos que os delitos relacionados coa condución de vehículos de motor levan a prisión a un número cada vez máis elevado de condutores. Temos que frear esta tendencia, porque non debemos esquecer que, detrás destas frías cifras hai persoas con nome e apelidos que nun momento dado incumpriron as normas e sofren as consecuencias eles e as súas familias”, sinalou Grande- Marlaska.

O informe sinala que o 97,3% das persoas en prisión son homes, fronte ao 2,7% de mulleres. Así, a radiografía deste tipo delituoso determina que se trata dun home cunha idade media de 40 anos (39,8), con condenas inferiores a tres anos por conducir sen permiso ou sen vixencia do mesmo (54,4%), de forma temeraria (16,7%) e baixo influencia de bebidas ou análogas (16,7%) e de nacionalidade española.

Ademais, 9 de cada 10 persoas teñen condenas inferiores a tres anos e a condena media sitúase nos 667 días (1,8 anos). En canto ao ámbito xeográfico, as provincias de residencia dos condenados máis frecuentes son Madrid, Málaga, Sevilla, A Coruña e Pontevedra.

Related posts

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Un accidente de autobús turistico na Gomera deixa 1 morto e 14 feridos

IU, Sumar e Podemos baixo as siglas ‘Por Andalucía’ nas próximas eleccións autonómicas