Máis de 1.500 persoas chamadas a participar nas oposicións para fisio, terapia ocupacional e enfermería

1 minutes read

Un total de 1.540 aspirantes están chamados a participar este domingo nas oposicións que se celebran no recinto da Feira Internacional de Silleda para acceder a 129 prazas de fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais e de enfermeiras/os.

A Xunta reanuda esta fin de semana os exames de oposicións con todas as garantías sanitarias, logo de que as autoridades sanitarias autorizaran a súa celebración seguindo protocolos de actuación que garanten a súa realización con seguridade e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

As probas son para cubrir 10 prazas do grupo A2 de Fisioterapia no que están convocados 404 aspirantes; e co do grupo A2 de Terapia Ocupacional/grupo II Terapeuta ocupacional con 417 persoas convocadas para 50 prazas. A continuación, terán lugar as probas para 69 prazas do grupo A2 de Enfermería no que están chamados a participar 719 aspirantes.

Dadas as limitacións establecidas pola crise sanitaria da covid-19, a Dirección Xeral da Función Pública emitirá para todos aqueles participantes que o precisen, unha autorización de mobilidade que xustifique o seu desprazamento para a realización dos exames. Ademais, entre as 24 e 48 horas posteriores ao remate do exercicio, tamén terán á súa disposición un certificado de asistencia.