Máis de 100 alumnos e alumnas de Vimianzo participarán nunha actividade da campaña ‘Time to Move’

109 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e Ciclos Medios do Concello de Vimianzo participarán o vindeiro mércores, 25 de outubro, nunha actividade da campaña ‘Time to Move’. Terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura entre as 11:00 e as 12:30 horas.

A iniciativa ten por obxectivo promover o valor do voluntariado e a mobilidade en defensa de valores europeos. A actividade, impulsada por Ingalicia a través de Europe Direct da Deputación da Coruña, está organizada por expertos/as que proporcionarán información e orientación sobre oportunidades internacionais.

Esta campaña comprende un conxunto de eventos en liña e presenciais que se celebran por toda Europa durante o mes de outubro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha