Imaxe dun posto de "Ti tes a chave" na feira_Cedida.
44
30 grandes produtores tamén están adheridos a este proxecto de recollida selectiva de residuos orgánicos.
O obxectivo é chegar a 2.000, polo que a cifra de partida semella moi boa. Este xoves foi, de feito, o primeiro día de presenza na rúa do programa, que é pioneiro en Galicia e que ten como finalidade acadar o obxectivo fixado pola Unión Europea de que no ano 2020 sexan reciclados o 50% dos residuos urbanos.
As persoas interesadas en contribuír co proxecto só teñen que achegarse a calquera dos puntos informativos e asinar o documento de adhesión.
Promo da campaña.
De luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, no local de Carballo Limpo situado nas galerías do edificio da antiga Casa de Chinto.
De luns a venres, de 19.00 a 21.00 horas, no posto habilitado no Mercado Municipal, xunto ás escaleiras de acceso dende a Praza do Concello.
Os xoves, de 10.00 a 13.30 horas, no stand da rúa Coruña.
Os sábados, de 11.30 a 13.30 horas, no Centro Comercial Gadis-Híper.
Cada familia participante recibirá un kit que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables personalizadas, un tríptico informativo e unha chave para abrir un dos contedores que se colocarán na vía pública para depositar os bio-residuos.