35
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, clausuraron os campamentos de verán nos que participaron 109 nenos e nenas, divididos entre os Obradoiros de Conciliación e as Actividades Náuticas, que comezaron o 25 de xuño e se levaron a cabo aplicando un completo protocolo de seguridade para evitar contaxios por coronavirus.
Fabián Canosa destacou que “todo transcorreu ben, cumprindo tanto os monitores como os participantes todas as medidas do protocolo e tamén acadouse o obxectivo principal das actividades: darlle unha opción ás familias de conciliar, permitindo gozar aos nenos e nenas de Camariñas de actividades ao aire libre no verán”.