Máis de 11.400 persoas concorrerán este mes aos exames de oposición do Sergas

1 minutes read

Os vindeiros días 24 e 25 de xuño, un total de 11.439 persoas concorrerán aos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías do Servizo Galego de Sáude.

Así, na quenda de mañá do sábado 24, o Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda acollerá desde as 9,00 horas ás 704 persoas aspirantes correspondentes ás categorías de ATS/DUE, Inspector/a médico/a, Licenciado/a en ciencias Químicas e Farmacéutico/a Inspector/a de saúde pública.

Na quenda tarde, outros 485 opositores realizarán desde as 16,00 horas as probas correspondentes ás categorías de licenciado/a en farmacia, licenciado/a en medicina e cirurxía, licenciado/a en ciencias biolóxicas, licenciado/a en psicoloxía e subinspector/a sanitario/a.

Xa na xornada do 25 de xuño, desde as 10,00 horas da mañá un total de 10.101 persoas optarán a algunha das 1.556 prazas de Enfermería ofertadas pola xunta nesta convocatoria e, outras 149, realizarán a proba selectiva para á clase de inspector/a farmacéutico/a.