Máis de 11 mil persoas reaccionaron á «apertura» virtual da sala A Revolta

1 minutes read

Unha compartición por redes sociais este mércores desatou un aluvión de visitas á convocatoria así como á quedada virtual de apertura da Sala de Festas A Revolta en Carballo. Un acto posto en práctica simplemente coa intención de entreter, un domingo, día xa por si de descanso, e máis en tempos de confinamento. 11.210 visitas á páxina https://novahit.net/ chegaron por momentos a retardar o servizo de streaming pola cantidade de demanda simultanea de datos. As mostras de agarimo e agradecemento á idea non se fixeron esperar e xa se medita a reapertura en breve dunha nova sala ou discoteca, será Chaquetón?… Dudas?… Xallas? ou quizás As Airas?… Pois xa chega a Semana Santa e calquera delas podería servir, igual que moitas outras. Podes enviar as túas ideas por metodos habituais de contacto.