Máis de 120 palestinos mortos en Gaza desde que comezaron os bombardeos israelís


Xa son máis de 120 os palestinos falecidos, 31 deles nenos, desde que comezaron os bombardeos israelís contra a Franxa de Gaza. Ataques que o Tsahal asegura que teñen obxectivos militares de Hamás e da Yihad Islámica, pero que tamén segaron a vida a decenas de civís e deixaron preto dun milleiro de feridos. Algunhas familias palestinas, quedaron decimadas. Ao lado israelí hai sete falecidos, a maioría foron alcanzados por algúns dos máis de 2.000 foguetes que milicias palestinas lanzaron desde a franxa desde o pasado luns, segundo o Tsahal. A choiva de mísiles que caeu o xoves e o venres sobre Gaza empuxou a miles de familias palestinas a buscar refuxio en centros escolares xestionados pola Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados. A situación tamén é explosiva en Cisxordania, onde polo menos nove palestinos morreron en enfrontamentos co Exército israelí.