Uns 155 pasaxeiros resultaron feridos de diversa consideración despois de que un tren chocase con outro por detrás na estación de Montcada i Reixac na provincia de Barcelona, segundo informou Renfe. Protección Civil elevou o número de lesionados comunicado nun primeiro momento. O balance provisional é de 150 feridos leves e 5 menos graves. Emerxencias indica que 14 lesionados foron trasladados a diversos centros hospitalarios. O portavoz do servizo de Emerxencias indicou que se trata de contusións leves por caídas, xa que ían de pé e saíron despedidos polo impacto, tamén se rexistran traumatismos na cabeza.