Máis de 160 hectáreas cubertas de lava na Palma, que recibiu a visita dos reis


Segundo o sistema de vixilancia de emerxencias europeo Copernicus a lava do volcán destruíu máis de 360 vivendas. Aínda que o último informe do Departamento de Seguridade Nacional (DSN) reduce lixeiramente esa estimación ata as 150 hectáreas e os 300 inmobles destruídos. A coada principal diríxese en dirección ao océano pero móvese moi lentamente, a 4 metros por hora. Debido á escasa viscosidade e aos accidentes do terreo, o seu curso retardouse, polo que o Gobierno de Canarias non descartaba que a coada non chegue finalmente ao mar. A lingua alargouse ata os 600 metros e a fronte, nalgúns puntos, chega aos 15 metros de altura. O Instituto Vulcanológico de Canarias (Involcan) informa de que a altura da pluma volcánica estímase en 4,1 quilómetros por encima da boca eruptiva. A sismicidade continua en baixos niveis, con escasos temblores sentidos, aínda que non se descarta que continúen producíndose, segundo manteñen desde o Goberno canario.

Visita dos reis

Os reis Felipe VI e Letizia enviaron unha mensaxe de “solidariedade” e “agarimo” aos afectados polo volcán da Palma durante unha visita na illa para coñecer de primeira man os estragos da erupción. Animaron a toda a sociedade a “arrimar o ombreiro”. Porque aínda que “custará moito volver á normalidade”, A Palma “sairá adiante” así como todas estas familias. “Van ter un futuro porque entre todos imos axudar a recompoñer as súas vidas”.