Durante esta semana, a bandeira galega exhibiuse en varandas e fiestras de todo país. Está acción enmarcase na campaña que Vía Galega vén desenvolvendo para divulgar e propagar os nosos símbolos nacionais, o himno e a bandeira.
Elixiron esta semana do 13 ao 18 de novembro para conmemorar a efeméride da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala que se celebrou en Lugo o 17 e 18 de novembro de 1918. Cúmprense, por tanto, 105 anos daquela I Asemblea Nacionalista. Por iso, este, 18 de novembro, realizaron actos expansivos, ás 12 da mañá, en diferentes localidades de toda Galiza. Coa confirmación de que 165 localidades izaron a bandeira e, xunto co izado, 51 localidades realizaran un acto, no que se recitaron poemas relativos á bandeira, houbo actuacións musicais e leuse o manifesto referido a xénese e significado dos nosos símbolos; á relevancia do manifesto nacionalista das Irmandades da Fala e ao dereito a exercer e existir como galegos e galegas.
Entre estas localidades están Compostela, A Coruña, Vigo , Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Teo, Ribeira, Outes, Pobra, Muros, Mazaricos, Arzúa, Fene, San Sadurniño, Cedeira, A Guarda, Melide, Foz, Moaña, Pobra de Brollón, Samos, Salceda, Tui, Rianxo, Oroso, Taboada Brión, Redondela, Melide , Arzúa, Corcubión, Narón , Pontedeume, Soutomaior, etc.
Para moitos destes actos contouse co apio dos concellos, no que ten que ver coa localización, a autorización e o apoio loxístico para colocar a bandeira para que siga ondeando no futuro. Temos, tamén, o compromiso doutros concellos que, por diferentes motivos, este sábado, non lle foi posíbel, mais que teñen o compromiso de colocala no futuro.