Máis de 168.000 alumnos participan este curso nos 45 programas educativos ‘Plan Proxecta+’

1 minutes read

Un total de 168.811 alumnos participan este curso nos diferentes programas educativos integrados no Plan Proxecta+.  A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou xa a resolución definitiva dos 640 colexios e institutos que toman parte das distintas iniciativas institucionais do Goberno galego no ano académico 2022/23, co apoio e traballo de 7.424 docentes.

Os centros implicados desenvolverán un total de 45 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a normalización lingüística e os dereitos da infancia ou a mobilidade.