Tratouse dunha iniciativa organizada dende a concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica para ofrecerlles o seu merecido homenaxe.
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, agradeceu o interese dos veciños e veciñas en asistir a este evento. Á xuntanza acudiron os membros do goberno de Malpica e o xerente do Consorcio Galego.
“ Xa tíñamos en mente facelo pero por diversos motivos no puidemos. Este xantar únese a outras actividades coma os taller de memoria, as excursións e os bailes dos domingos e estamos a traballar para a próxima apertura do Centro de Día nos vindeiros meses. Ademais, somos o primeiro Concello da comarca en inversión en axuda ao fogar no que invertimos máis de un millón de euros”.
O rexedor rematou a intervención desexando que todos e todas pasen un fermoso día de lecer “que ben o merecedes despois de toda una vida traballando”, finalizou.
O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, felicitou ao equipo de goberno por organizar esta xuntanza de maiores. “É unha iniciativa moi boa que permite as persoas socializar coa xente doutras parroquias e vivir un día de festa. Quero reiterar o compromiso da Xunta de Galicia co concello de Malpica e vese no Centro de Día e nas horas de servizo no fogar”, finalizou.
Parga quixo agradecer a visita do xerente outorgándolle unha fermosa peza de barro.
A festa comezou coa animación e baile en directo a cargo do do Dúo Marineda e posteriormente os asistentes puideron degustar dun xantar composto por empanada, polbo á feira, carne asada, café poste e bebidas.
O Concello e Malpica segue a traballar en múltiples actividades para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas da vila.